MIL PARABÉNS A TODOS E TODAS POR FACERNOS VIVIR UN ÚLTIMO TRAMO DE ANO CARGADO DE ILUSIÓN.
Vídeo gañador: Felicitación 1ºESO-C
Achégase o final deste ano 2020 ao que é difícil buscarlle adxectivos positivos, porque nos quitou moitas cousas; entre elas, abrazarnos, estar xunt@s sen ter que pensar en manter a distancia de seguridade (1,5), vernos a cara totalmente (aínda que o uso da máscara aprendeunos a mirarnos aos ollos e coñecernos a través deles) e tantas cousas máis... O 2020 non se portou moi ben, pero lembrounos a importancia da solidariedade e o respecto polas normas, en especial, ante unha pandemia como a que vivimos, xa que só poderemos saír desta situación co compromiso de todas as persoas.
O 2020 cambiou as nosas vidas, PERO o que non puido cambiar FOI O GUSTO POLA LECTURA. Sabemos que moitas persoas, que antes non lían, aproveitaron o tempo de confinamento para abrir un libro e mergullarse na súa historia, e iso é algo que nos alegra o corazón porque nos lembra o lema do noso club de lectura:
@s lector@s e andantes despedimos o ano cunha alegría enorme, xa que a nosa compañeira, Anum Zahra colaborou coa súa ilustración nas guías de lectura elaboradas pola coordinadora dos EDL do Morrazo. ORGULLOS@S ESTAMOS, ANUM! PARABÉNS!!! E dámoslles as grazas a todas as persoas que elixiron a ilustración desta lectora e andante.
Achegámosvos o enlace de LECTURAS PARA SOÑAR, no que poderedes ler as palabras de felicitación para Anum, ver a súa ilustración e, como non, ter en conta as lecturas que recomendan.
Agora tócanos a nós animarvos a ler para rematar e comezar o ano CON ENERXÍA, ILUSIÓN E HISTORIAS QUE COMPARTIR. Non digades que non tedes onde escoller???!!!
Comezamos coas recomendacións que deron os profes que entrevistamos:
E finalizamos coas obras que nos propuxemos ler nos clubs de lectura ao longo do curso.
Para os amantes do cómic e dos libros ilustrados:
Aquí escoitaredes as entrevistas que iremos realizando ao longo do curso para coñecernos un pouquiño máis todas as persoas do IES Muralla Romana, o noso centro.
Comezan Izan e Dayron (1ºESOA) entrevistando a Gabriel, profesor de física e química.
Deixámosvos con elas:
Grazas á colaboración de Tus ojos (cine ao servizo da sociedade e da educación) os grupos de 1ºESO viron a curtametraxe Diana en la red, que abriu un debate que resultou frutífero e proveitoso.
![]() |
![]() |
![]() | ![]() |
Traballos de 3ºESO-A
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() | ![]() |
![]() |
![]() | ![]() |
![]() |
![]() | ![]() |
![]() |
![]() | ![]() |