luns, 29 de decembro de 2025

VISITA DE IVET NÚÑEZ

O 28 de outubro o club de lectura de adultos tivo unha visita moi agardada: a da escritora Ivet Núñez. 

Trátase dunha autora de novela negra que soe situar a acción das súas historias en Lugo, é o que sucede no seu libro Los oiréis sufrir que nesta ocasión foi a lectura proposta para o club e supuxo un alicente máis para adentrarse nas súas páxinas

Tod@s @s integrantes do club quedaron impresionadas co libro, co engaiolante que resultou ser a súa lectura e o lograda que está a atmosfera e os personaxes desta novela, a pesar de estar escrita por unha autora moi xoven. 

Compartimos con ela as nosas impresións sobre a obra e fixémoslle algunha que outra pregunta sobre curiosidades dela como autora e da novela. 

Foi unha sesión moi frutífera que rematou co agasallo dunha camiseta a Ivet (que dixo que lle gustara moito) e da sinatura de exemplares do libro por parte dela.

Deixámosvos algunhas fotos deste  emocionante encontro. 

Moitas grazas, Ivet por acompañarnos e acercarnos ao acto creativo literario!









LECTURAS DIVERTIDAS

 Que tal?

Nós asomámonos por aquí para contarvos algo das nosas lecturas.

Veredes, o ano pasado veunos a fin de curso e estabamos coa lectura dunha obra de teatro que nos estaba gustando moito, pero non tivemos tempo de rematala. Entón ocorréusenos este curso iniciar o club de lectura con esta lectura e a verdade que ler obras teatrais en alto e entre tod@s é moi divertido, cada un escolleu un papel da obra e le as súas intervencións. Pasámolo moi ben!

Quizais máis adiante nos animamos a facer unha pequena representación teatral, iremos vendo e irémosvos informando.  

Estamos lendo O achado do castro de Manuel Núñez Singala , recomendámosvos esta lectura porque se trata dunha obra dun autor lucense e ademais é unha comedia supredivertida. 

Animádevos a ler e, se queredes, podedes unirvos a nós, así a lectura será compartida. 




sábado, 27 de decembro de 2025

INICIO CLUB DE LECTURA ADULTOS

 Ola de novo!

Queremos informarvos que o club de adultos tamén comezou o pasado 30 de setembro e, como o curso pasado, está coformado por docentes, nais, persoal non docente e outras persoas vinculadas co noso instituto por ter exercido aquí o seu traballo.

Normalmente indican en cada sesión de reunión a data da próxima, pero normalmente reuniranse unha vez cara a finais de mes. 

Na primeira reunión deste curso compartiron a lectura do libro La muy catastrófica visita al zoo de Joël Dicker.

Boas lecturas de lecturas a tod@s!!!!!





NOVO CURSO: NOVAS LECTURAS

 Que tal tod@s?

Aquí estamos un curso máis co noso club Lecturas e andanzas. Comezamos as nosas lecturas o 30 de setembro, xa que nas primeiras semanas do curso estivemos dándolle visibilidade ao club para promover novas incorporación. 

Colocamos carteis nas cortizas do instituto e fomos algunhas das integrantes do club do curso pasado polas aulas para avisar do comezo e animar a que se apuntaran máis compañeir@s . 

Houbo compañeiros de 1º , 2º e 3º ESO que decidiron a apuntarse a esta aventura e fixamos como días de encontro os martes e os xoves na hora do lecer: de 11:15 a 11:40 h. 

Así que un ano máis estamos unidos por unha afección que nos une e que fai que nos sintamos mellor. Grazas a todas aquelas persoas que nos axudan e colaboran con nós (como a profe Mónica que vai vir algunhas sesións do club a compartir con nós). 

E, coma sempre, neste blog, darémosvos a coñecer as actividades que vaiamos facendo. 

Bo curso e boas lecturas!!!!