venres, 30 de abril de 2021

A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA

Ola a todos e todas! 

Como xa sabedes, no noso club non só compartimos lecturas, xa que somos andantes e gústannos as aventuras... Nesta ocasión toca crear ou, mellor dito, recrear un conto moi coñecido, AO NOSO XEITO. Así o fixo Sara P. (2ºESOA) cando reescribiu esta  historia que seguro vos soará. Para transmitila contou coa colaboración doutra "andante e lectora",  Carla (2ºESOA). 

Deixámosvos con elas: 


mércores, 21 de abril de 2021

Coa nosa biblioteca, LER MOLA!

A comunidade educativa do IES Muralla Romana anima a ler, porque lles gusta LER. O seguinte vídeo é unha boa mostra:



LEMAS para o DÍA DO LIBRO, realizados por alumnado de 2ºESO-A:



A continuación, Sara Pico e súa avoa recomendan As historias do Lobo de Area:


Os membros do Equipo de Dinamización da Biblioteca e os do Club de Lectura queremos agradecer a todos e todas a vosa participación nesta actividade. Grazas por demostrar que nos gusta ler e que a nosa biblioteca está "viva". Esperámosvos nela, hai moitas máis lecturas por descubrir (para saber máis).